Ofertas
A túa escapada de metade de semana nunha Suite Loft con vistas ao mar
Regálate un respiro entre semana e desconecta do ritmo diario nunha Suite tipo loft pensada para o máximo confort de dúas persoas.
Só Aloxamento: desde 190 € / noite (de luns a xoves).
Experiencia con Almorzo incluído: desde 230 € / noite para 2 persoas.
O plan perfecto para cambiar de aire sen esperar ao fin de semana.
O teu premio por planificar con tempo: 5% de desconto exclusivo
Es dos que desfruta saboreando a viaxe moito antes de armar a maleta? Planificar o teu descanso ten recompensa.
Reserva a túa estancia con polo menos 15 días de antelación para as túas vacacións de verán e consegue un 5% de desconto adicional sobre a nosa tarifa oficial.
Fechas exclusivas da promoción:
- ☀️ Do 22 ao 30 de Xullo
- 🌊 Do 26 ao 30 de Agosto
Como conseguir o teu desconto directo?
Esta promoción é exclusiva para reservas directas. Para asegurala, só tes que enviarnos un correo a reservas@dormideira.com indicando os seguintes datos:
📩 Copia e pega este borrador no teu correo:
Nome do titular:
Teléfono de contacto:
Correo electrónico:
Data de entrada e saída:
Preferencia de estancia: (Con almorzo / Só aloxamento)
Nós encargámonos de aplicar o teu 5% de desconto e confirmarche a reserva ao instante!
