icon-dormideira

Dormideira nace como unha prolongación natural do proxecto vital e gastronómico de Culler de Pau, restaurante con dúas Estrelas Michelin, liderado pola mesma familia. O noso desexo é compartir cos nosos hóspedes un lugar íntimo, auténtico e coidadosamente concibido: un refuxio onde o tempo se detén e a contorna cobra protagonismo.

Dormideira non é só un aloxamento; é unha invitación a experimentar Galicia desde dentro, desde o esencial. A vivir ao ritmo do mar e do monte, a sentir a paisaxe como parte do fogar.

En Dormideira entendemos a hospitalidade como unha forma de respecto: ao visitante, á contorna e ás raíces. Deseñamos estes apartamentos pensando na harmonía co lugar, integrando materiais nobres como a madeira procedente dos montes que nos rodean.

Non falamos de sustentabilidade como tendencia, senón como unha consecuencia lóxica de como vivimos e traballamos: con sensibilidade, coidado e conciencia.

O resultado é un espazo cálido, sereno e cheo de luz, onde cada detalle está pensado para ofrecer confort e conexión coa natureza.

En Dormideira, cada detalle está pensado para que a experiencia dos nosos hóspedes sexa tan cómoda como íntima. Os nosos apartamentos, todos climatizados mediante un sistema de xeotermia respectuoso coa contorna, ofrecen un equilibrio perfecto entre deseño contemporáneo e funcionalidade.

Cada estancia conta cunha cociña americana totalmente equipada, ideal para quen desexa gozar da liberdade de cociñar ao seu ritmo, sen renunciar ao confort. Ademais, ofrecemos servizo de limpeza diario para que todo estea sempre en orde, sen preocupacións.

O día comeza con calma: un almorzo á carta servido directamente no apartamento permite saborealo na intimidade do propio espazo, con vistas ao mar ou ao bosque, sen horarios nin interrupcións. Un pequeno luxo cotián pensado para acompañar o ritmo sereno que propoñemos.

Dormideira atópase no Lugar de Os Campos, na aldea de San Vicente. Un enclave único onde conflúen o Atlántico, os montes galegos e un estilo de vida pausado e auténtico.

Dende cada apartamento contémplanse vistas privilexiadas ao mar, nunha contorna que convida ao descanso, a contemplación e a desconexión.

Este recuncho de Galicia é tamén un punto estratéxico para gozar da gastronomía local, rutas naturais e a riqueza paisaxística das Rías Baixas.

Estamos en contacto

Para reservas ou máis información, contacta con nós.

Aproveita as nosas ofertas de apertura e as nosas propostas combinadas de estancia e xantar/cea en Culler de Pau!